Terreo que produce moita herba / Prado en terreos húmidos
Etimoloxía
Voz derivada sobre esta outra, “herba”, que procede do equivalente latino herba.
Exemplos *
“Anda , meniña, / coida do gando. / Coida das herbas / do teu herbal: / terás agulla, / terás dedal.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)
“Interminable precesión de mortos, / uns en corpo no-mais, outros no esprito, / veu pouco a pouco aparecer n'altura / do direito camiño, / qué monótono e branco relumbraba, / tal com'un lenzo nun herbal tendido.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


