herdanza

Todo aquilo que se herda.

Etimoloxía

Creado do verbo herdar, que procede do verbo latino hereditare, co mesmo significado.

Exemplos *

"Don Tomás morreu e, como non tiña familia, deixoulle en herdanza o piso e algúns cartos que tiña aforrados no banco." (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)

"Non aprendeu o oficio de carpinteiro como quería o seu pai, nin tivo os fillos que lle demandaba con desacougo a súa dona, nin aceptou a herdanza que lle legara un avó." (Xavier Lama: Os moradores da nada)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.