herdeiro, -a

Persoa que herda ou vai herdar

Etimoloxía

Do latín heres, en xenitivo heredis, co mesmo significado.

Exemplos *

“Encántame o ensino e reivindícome herdeira da Institución Libre de Enseñanza , aínda que o aprendín tarde.” (Doda Vázquez: O Xornal de Galicia, 2-11-2010)

“Teresa Sánchez de Cepeda era moito máis que eso, cousa que xa vira hai exactamente século e medio unha das súas grandes herdeiras do XIX, a estremeña Carolina Coronado.” (Andrés Pociña: O Correo Galego, 24-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.