heroe, heroína

Personaxe principal dunha obra literaria ou cinematográfica.

Etimoloxía

A palabra chegou desde a forma case idéntica do grego, heros –oos, denominación dada a un semideus ou unha semideusa.

Exemplos *

“Russell Crowe interpreta o lendario heroe coñecido polo sobrenome de “Robin Hood”, cuxas fazañas foron cantadas pola mitoloxía popular e acenderon a imaxinación dos que comparten o seu espírito aventureiro e o seu desexo de rectitude.” (Galicia Hoxe 22-04-2009)

“Talvez se desen conclusións interesantes acerca das funcións que as mulleres “interactivas” teñen na pantalla. Desde Lara Croft ou outras heroínas activas ao mando de potentes coches deportivos ás personaxes dos Sims e outros xogos “cotiáns”.” (César Lorenzo: A Nosa Terra 24-10-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.