hevea

Árbore da familia das euforbiáceas que alcanza os 20 ou 30 metros de altura, coas follas grandes trifoliadas e caducas, flores pequenas e froitos explosivos que lanzan a semente a distancia, que segrega unha substancia coa que se fabrica o caucho

Etimoloxía

Denominación do nome científico desta planta, hevea brasiliensis.

Exemplos *

“De cando en vez, da unha volta polo siringal do Marcelo, a súa propiedade, onde revisa o traballo das dúas familias que ten empregadas e que sacan o zume branco da hevea brasiliensis.” (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos homes. Galegos no mundo, 1993)

“Entón aínda non rubían os grandes barcos polo Paraguai, e o Paulos entrou no curazón virxen do Brasil cunha caravana de seringueiros que iban sangrar o caucho das ricas heveas nos bosques xa ecuatoriales, do outo Araguaya.” (AA.VV.: Nós. Boletín mensual da cultura galega. 77, 1930)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.