hibernación

Estado de sono profundo, con descenso das funcións vitais e suspensión das súas actividades, no que certos animais pasan o inverno

Etimoloxía

Termo de orixe culta que procede do latín hibernatio e que deriva, á súa vez, de hivernus 'inverno', xa que o sentido do termo era 'durmir para pasar o inverno'.

Exemplos *

“Os primeiros indicios de alteración na conduta dos sapoconchos galegos foron detectados en decembro do ano 2012, “cando certos exemplares dos humidais de Centeáns, nas Gándaras de Budiño, apareceron activos na época da hibernación.” (DUVI: GCiencia. O portal da ciencia galega, 2-2015)

“...cando a hibernación paralizara a vida das súas células. Estaba soa na súa caixa de cristal.” (Lois Fernández Marcos: Galaxia lonxana / Nun lugar esquecido do cosmos, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.