hidromel

Bebida obtida de mesturar auga con mel

Etimoloxía

Palabra que procede do latín hydromeli que, á súa vez, vén do grego hydrómeli co mesmo significado.

Exemplos *

“Beberon durante unha boa parte da noite, cervexa e hidromel, mentres falaban, ata caíren rendidos.” (Xoán Bernández Vilar: A saga da illa sen noite, 2001)

“O apicultor máis primitivo ía recolle-lo mel nas cavidades das rochas e das árbores onde as abellas salvaxes facían a súa colmea. Con el fabricaba o hidromel, bebida refrescante coñecida moito antes da nosa era e cualificada, polo gregos, como "néctar dos deuses".” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Os saberes tradicionais dos galegos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.