hidrosfera

Conxunto das partes líquidas, mares, océanos, ríos etc., da superficie terrestre

Etimoloxía

Palabra que se crea coa partícula hidro-, orixinaria do grego que significa ‘auga’ que se engade á base sfera procedente do latín científico, pero que bebe do grego sphaira ‘esfera', 'globo, 'bóla’.

Exemplos *

“A hidrosfera presenta características moi estables, aínda que a configuración dos distintos océanos experimentou, ao longo do tempo, grandes cambios.” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía Bioloxía mariña, 2006)

“Estas substancias poden provir de técnicas agrícolas ou de contaminante verquidos a atmosfera ou a hidrosfera que teñen como zona de acumulación os horizontes edáficos.” (Manuel Ángel García Gallego e Berta Estrada Airas: Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.