Utilización da auga, en calquera forma, para o tratamento de enfermidades
Etimoloxía
Composto dos termos gregos hidro- do grego húdor ‘auga’ e therapeía ‘coidado’.
Exemplos *
“As novas tecnoloxías, incorporadas hoxe ás fontes naturais, conflúen nunha serie de novos tratamentos de hidroterapia, ós que se suman a crenoterapia, a fangoterapia, os ultrasóns, etc.” (F.J. Peña Castiñeira: Manual de saúde ambiental, 1997)
“Cómpre ter en conta, como apunta o amigo Xosé Antón Fidalgo Santamariña, que a hidroterapia atópase entre a medicina natural e a tradicional ou máxico-relixiosa, participando de ambas.” (Clodio González Pérez: Medicina popular e antropoloxía da saúde, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.