hilaridade

Explosión de risa

Etimoloxía

Palabra que chega desde o latín hilarìtas, -átis 'alegría, contentamento, xúbilo'.

Exemplos *

“Chámome Xosé e ese é o meu amigo Asumpto... El sabe que aquel nome produce sorpresa e mesmo hilaridade nos que o escoitan por primeira vez e así espera que niso se perdan as palabras de Lirí. Mais non se perden.” (Paco Martín: A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe, 2006)

“As gargalladas van enchendo de bágoas os seus ollos, igual ca se, na súa incipiente borracheira, estivese a rir e a chorar ó mesmo tempo. A Mari Carmen, aínda que algo desconcertada nun principio, vai deixando gañarse pouco a pouco por aquelas explosións de hilaridade.” (Anxo A. Rei Ballesteros: A sombra dos teus soños, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.