Área de influencia dunha cidade.
Etimoloxía
O termo procedo do alemán, onde se formou a partir de hinter ‘da parte de atrás’ e Land ‘terrra’.
Exemplos *
“… só as cidades globais compiten entre si, en tanto que as cidades secundarias só se preocupan polos seus sistemas urbanos e os seus hínterlands próximos.” (Fernando González Laxe: Territorio, financiamento e control de gasto. Chaves da economía pública galega II)
“Este paso significou a primeira avanzada occidental cara as fronteiras rusas, iniciativa repetidamente acusada dende Moscova, que se vía por tanto ameazada por esta intromisión occidental no seu “hínterland” estratéxico.” (Roberto Mansilla Blanco: Tempos Novos 09-2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.