hípica

Deporte ou conxunto de deportes nos que intervén o cabalo como protagonista

Etimoloxía

Palabra culta que procede do grego hippikós ‘que pertence ao cabalo’, que, á súa vez, está relacionada con hippós ‘cabalo’.

Exemplos *

“O fútbol no ano 1906, na Coruña, está ben para o fillo dun industrial acomodado, para José María Abalo e os seus amigos, mesmo para os máis privilexiados da estratificada comunidade coruñesa, que ata entón só sabían de hípica ou equitación.” (Xesús Flores e Xosé Mejuto: Historia do Deportivo, 1993)

“Por último, introducir definitivamente o cabalo de Pura Raza Galega no sector da hípica deportiva, de modo que os seus produtos teñan un valor de mercado equivalente ós seus curmáns do tronco celta.” (Herminio Pose Nieto: Os animais domésticos na historia de Galicia / Galicia, terra de équidos, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.