hipopótamo

Animal mamífero da orde dos artiodáctilos (Hippotamus amphibius), de pel moi grosa, patas curtas, cabeza grande e ollos prominentes, que vive nos grandes ríos de África.

Etimoloxía

O nome deste animal créase no grego hippopótamos que significaba 'cabalo de río', xa que hippo é 'cabalo' e pótamos 'río' e o máis probable é que se referise ao Nilo.

Exemplos *

"…unha planicie cortada unicamente por ríos grandes coma mares, onde os hipopótamos eran os reis." (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema)

"Faltaban os fósiles para corroborar que os grandes mamíferos mariños e os hipopótamos eran curmáns." (Galicia Hoxe 23-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.