historia

Ciencia que estuda o conxunto de feitos ocorridos no pasado, que afectan toda a humanidade, un grupo, unha persoa, unha institución, unha faceta concreta dese pasado etc.

Etimoloxía

Vén, traída polo latín, desde o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio, coñecedor'.

Exemplos *

"… tiveron que suspender os exames de Historia nas escolas e nos centros de ensino superior, dado que nin os profesores, desconcertados, sabían como presentar determinados acontecementos …" (Xulio Ríos: ¿Que foi daquel soño?)

"Foi na clase de historia, mentres o profesor lles contou que en Esparta esfragaban as criaturas que nacían con malformacións (e quedaban tan panchos), cando a Silverio se lle ocorreu aquel experimento." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.