histrión

Actor que interpreta de forma esaxerada ou ridícula para provocar a risa ou unha reacción fácil no público / Persoa que se comporta coma se estivese actuando, ou que fai cousas grotescas e ridículas para facer rir a outros

Etimoloxía

Termo que procede do latino histrionem que ten un significado semellante.

Exemplos *

“Cleóstrata: Actuaches algunha vez no teatro.

Gurgullo: Non, pero sei finxir coma o mellor histrión.” (Agustín Magán: Farsa Plautina. Sobre textos de Tito Maccio Plauto, 1993)

“Nito, como tiña un aquel de histrión, logo dunhas probas, foi seleccionado para representar a clase. Rematado o horario escolar, era adestrado polo frade titor en perfeccionar a declamación desa peza e mais a da outra, de libre escolla.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.