Persoa adulta, de sexo masculino / Marido ou compañeiro, con respecto á parella (voz familiar)
Etimoloxía
Palabra que herdamos do latín homo, -ĭnis de significado semellante.
Exemplos *
“Casadiña de tres días / manda traballar ó home, que nesta terra hai un uso,/ o que non ten, non o come.” (José Casal Lois: Colección de Cantares gallegos, 2000)
“Arriba pandeiro roto,/ abaixo manta mollada,/ que onde están as mulleres / os homes non valen nada. Ai la la...” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. VI Coplas diversas, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


