Relativo ou pertencente á hora ou ás horas.
Etimoloxía
Palabra que se forma sobre o substantivo hora que procede do latín hora, –ae 'hora' que, á súa vez, viña do grego hora 'período de tempo'.
Exemplos *
"Para isto, na península, teremos que restar unha ou dúas horas á hora oficial (indicada no noso reloxo), segundo rexa o horario de inverno ou o de verán." (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas)
"Os reloxos atrasáronse onte unha hora e deron entrada ó horario de inverno." (O correo Galego 28-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.