horror

Impresión moi forte de medo ou de repulsa

Etimoloxía

Vocábulo que nos leva ao latino horrore, de significado semellante.

Exemplos *

“Os personaxes non están a loitar en primeira liña, non poden ter pesadelos cos gritos do horror da guerra ou volver a casa en estado de shock. Viven tranquilos na vila, pero cunha loita interior moito maior: saber que están a traballar na ideación e creación dun novo tipo de armas que arrasarán con todo.” (Ana Bulnes: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 8-2014)

“Quizais, pensei, aquilo fose como o momento de pausa nunha película de terror, ese momento onde os protagonistas charlan tranquilamente á luz do día, sentados no soportal, logo de superar os horrores nocturnos da casa encantada .” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.