Sentir un gran medo ou repulsa
Etimoloxía
Voz derivada sobre “horror”, palabra que procede do equivalente latino horror, -oris de significado semellante.
Exemplos *
“Hernán Cortés horrorizouse dos sacrificios humanos nas plataformas dos Teocallis ou pirámides aztecas, pero non piscou os ollos cando masacrou milleiros de mexicanos e arrasou Tenochtitlán.” (Luís Giadás: O Correo Galego, 12-5-2002)
“Sara case non tivo tempo de horrorizarse ante a visión do sangue e os atroces berros de dor das dúas vítimas. A persoa que acababa de salvarlle a vida fíxoa erguerse de contado e levouna a empurróns ata un portal próximo.” (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.