Planta e flor de xardín que pode alcanzar un tamaño considerable, con follas anchas e flores azuis ou rosas en inflorescencia semiesférica
Etimoloxía
Nome que deriva do latín científico Hortensia, que vén do francés Hortense, nome da dama a quen lle dedicou esta flor un naturalista francés.
Exemplos *
“No patio do xardín, saúda e conversa co mozo xardineiro. Interésase polas hortensias. Satisfeito de recordar o nome, das flores e do xardineiro. Existe o que lembras.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)
“Debaixo das árbores (...) dexergou bancos de forxa e unha pequena lagoa que, nalgún tempo, debeu acoller parrulos e cisnes. Había matos de rododendros e de hortensias, algunhas roseiras descoidadas e unha escaleira adornada con azulexos con golfiños e peixes en tons azuis.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.