hostal

Establecemento onde, mediante pagamento, se dá aloxamento e comida, e que xeralmente é de menor luxo e máis pequeno ca o hotel.

Etimoloxía

Palabra tomada da occitana ostal que significaba 'pousada', que procedía do latín hospitale 'cuarto do hóspede'.

Exemplos *

"No hostal déronme unha chave, pero como non teño onde ir non a utilizo nunca" (Xosé Miranda: A biblioteca da iguana)

"Aloxouse nun hostal pequeno de portas delgadas e mobiliario funcional." (Xabier López López: O caderno)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.