hostalaría

Industria, e todo o que se relaciona con ela, que se ocupa dos servizos de aloxamento, comida etc., de hóspedes e viaxeiros ou do público en xeral

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “hostal” que remite ao occitano ostal 'pousada', que, á súa vez, vén do latín hospitale ‘casa de hóspedes’.

Exemplos *

“(...) informábase sobre o desmantelamento dunha trama para o branqueo de capitais a través de participación en sociedades inmobiliarias, nunha cadea de ferraxarías e en varios locais de hostalaría, cafés, bares de copas e hoteliños salpicados nas principais vilas da ría.” (Manuel Portas: Denso recendo, 2001)

“(...)a finais de xuño, pasaban, con ledicia hai que dicilo, da outra beira dos Pireneos, por Hendaia máis que por Port-Bou, para realizar estadías laborais de dous ou tres meses, ciscados por Francia, por Suíza ou por Alemaña, para traballar na hostalaría, na construción e na industria.” (Antón Costa Rico: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)/ O asociacionismo estudantil galego fóra de Compostela, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.