hotel

Establecemento que está preparado para dar aloxamento e comida a un número elevado de persoas e a un prezo estipulado.

Etimoloxía

Termo de orixe relativamente recente que procede do francés hôtel, que ten o mesmo significado.

Exemplos *

"Ó final comezáronme a doe-los pés de tanto andar, o que me fixo volver ó hotel para descansar un pouco". (Úrsula Heinze: Culpable de asasinato)

"E o dito, que Carmen Sálvora deixou as súas obrigas resistentes e tentou localizar ao actor polos mellores hoteis da cidade." (Inma López Silva: Concubinas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.