Caixa grande de madeira e con tampa para gardar a roupa, o gran, o pan etc.
Etimoloxía
Termo que bebe no francés huche ‘cofre de madeira’.
Exemplos *
“Sacou dunha hucha unhas roupas de home e convidoume a pasar ó cuarto do lado da cociña, ó que se accedía por unhas escaleiras de pedra, para mudarme.” (Xosé Mª Lema: Costa do solpor, 2013)
“Por iso eu vou tanto a eses países. Sempre hai unha chea de traxes perdidos nas huchas, á espera de que os rescaten da couza.” (Manuel Darriba: Brais e os demais, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.