humanismo

Teoría ou doutrina que ten como centro dos seus intereses o ser humano.

Etimoloxía

Adáptase do francés humanisme de significado semellante, e este do termo alemán humanismus que bebería do latín humanus, –a, –um 'relativo ao home'.

Exemplos *

"O humanismo renacentista aumentou a atención prestada á natureza, algo que se plasmou no eido literario a través da implantación, en toda Europa, dunha forte tradición bucólica…" (María López Sande: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio)

"Este novo humanismo terá que recuperar características relegadas á mulleres, froito do medo do patriarcalismo autoritario e do sistema da guerra." (Luisa Posada Kubissa: Tratamento da violencia de xénero dende as políticas de igualdade)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.