humanitarismo

Preocupación polo ben dos demais

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “humanitario” e esta chega desde o francés humanitaire ‘o que respecta á humanidade’.

Exemplos *

“Non adiantamos co tempo e a Historia no que ó amor fraterno e universal se refire; ó humanitarismo e a convivencia da xente e dos pobos do mundo; á convivencia na xustiza social e a democracia nas razas e as relixións que poboan a Terra na que o home nace e morre.” (Dora Vázquez: O Correo Galego, 24-10-2001)

“En consecuencia, prometeuse que soamente lle imporía o seu divorcio social cando ámbolos dous se atopasen en igualdade de condicións. Pensaba que isto era esixido polo máis elemental humanitarismo.” (Antón Risco: Tres situacións elementais, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.