Todo aquilo que humilla a unha persoa e sentimento que crea nela o feito de a humillaren
Etimoloxía
Vocábulo que procede do equivalente latino humiliatione.
Exemplos *
“Xulia negouse aos trámites do divorcio, algo que non se entendeu despois dos sufrimentos e humillacións que lle fixera pasar o home.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela), 2014)
“As redes poden favorecer o control permanente (...). Trátase dunha posibilidade de control case absoluto porque están presentes as relacións de poder, os celos, o dominio, o acoso e a humillación pública.” (Chis Oliveira e Amada Traba: Ám@me. Pensar o amor no século XXI, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.