humorismo

Estilo propio do humorista

Etimoloxía

Voz formada sobre “humor” que bebe da latina humor, -oris ‘líquido’, ‘fluído’.

Exemplos *

“Un esquelete galego que trouxo unha biblioteca na cachola debía definir o humorismo e non o define e segundo di non houbo ninguén que o definise aínda.” (Daniel Rodríguez Castelao: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, 1922)

“Entre aquelas características da escrita de Camillieri, o humorismo non deixa de ser unha, pois o seu discurso nace do recurso e integración narrativa de referencias cultas (históricas, literarias) arredor das cales mesmo xira o argumento.” (Xosé M. Eyré: A Nosa Terra, 8-2-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.