humus

Materia orgánica do solo, de cor marrón escura e aspecto terroso, formada polos residuos vexetais descompostos ou en vías de descomposición, aos que se engaden en menor medida restos animais

Etimoloxía

Palabra que chega directamente do latín humus ‘terra’.

Exemplos *

“O compost resultante do proceso de compostaxe, é un produto, estábel, hixiénico e semellante ao humus do bosque.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel.2008)

“Tardei tanto tempo en ter o valor de sosterme, e de soster a pluma para escribirche a ningures, que o teu corpo xa estará confundido co humus negro, nutrindo a terra que tanto amabas.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.