hurra

Interxección que se emprega para aclamar e para amosar alegría ou entusiasmo

Etimoloxía

Recóllese do inglés hurrah.

Exemplos *

“Os nosos máis sinceros e cordiais parabén polo brillante triunfo atinxido para o fútbol galego. Hurra polo Celta!” (X. M. Piñeiro: Nós Diario, 1-4-2021)

“Vin formar unha tripulación extremadamente aseada e pulcra sobre a cuberta , e sentín un triplo hurra iniciado por Xamirás Kaebr no meu honor.” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Arnoia, Arnoia, 1986)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.