idea

Pensamento de facer algo

Etimoloxía

Palabra que chega desde o latín idea pero que nace no grego idéa ‘principio xeral’.

Exemplos *

“Pensa na posibilidade de contratar un guía local que faga un primeiro achegamento ao lugar e che dea ideas para os días vindeiros.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel, 2008)

“Todos precisamos dun respiro de recarga, xusto un intre antes de iniciarmos etapas novas. Novo ciclo, novos proxectos, ideas novas, novas ilusións.” (Yolanda Castaño: Galicia Hoxe, 20-2-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.