idealismo

Modo de pensar, de actuar ou de comportarse, propio de alguén que cre nun ideal e que tende a conseguilo e a realizalo.

Etimoloxía

Chegounos desde o francés idéalisme, e, remontándonos máis atrás, levaríanos ata o grego idea, -as 'aparencia'.

Exemplos *

"Desta tolemia de meu pai, e do seu arroutado idealismo, herdei os primeiros anos unha certa tendencia irreflexiva e sentimental, que me prexudicou algún tempo." (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

"… conseguiu presentarse diante de todos coma a encarnación da virtude e do idealismo, mentres ti tiñas que pagar polos seus pecados." (Ursula Heinze: O soño perdido de Elvira M.)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.