identidade

Conxunto de características ou elementos que definen unha persoa ou cousa fronte ás demais, o que fai que sexa recoñecida como tal

Etimoloxía

Voz que procede do latín tardío identĭtas, -ātis e este deriva do latín idem 'o mesmo'.

Exemplos *

“En resumidas contas foi a orixe e o modelo no que se reflectiron todos os coros que chegaron despois e nos que constaba unha intención explícita de contar dunha identidade galega nun contexto de activación do nacionalismo galego acubillado polas Irmandades da Fala.” (Redacción: Galicia Confidencial, 8-5-2019)

“Neste contexto europeo e mundial, as conexións entre a nosa identidade e os marcos globais outorgarían posicións de vantaxe, tanto na industria cultural como mesmo noutros sectores.” (Manuel Gago: Historia das historias de Galicia,2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.