idiolecto

Conxunto de usos dunha lingua propio dun falante determinado.

Etimoloxía

Palabra que chega ao galego desde o inglés pero que este tomou do grego idio– 'propio' e leksis 'linguaxe', que sería 'a lingua propia de cadaquén'.

Exemplos *

"Así como o idiolecto é a maneira propia de falar cada un, máis alá das fórmulas culturais que se usan, o idioxogo é a forma propia de xogar cada un, máis alá das ríxidas constricións impostas polas normas do xogo." (Baldomero Cores: Xogos infantiles en Galicia)

"Pero a formulación mesma do proxecto, mellor ou peor codificado segundo o idiolecto artístico dos autores, significa un salto cualitativo no desenvolvemento do discurso narrativo galego." (Xoán González Millán: Silencio, parodia e subversión. Cinco ensaios sobre a narrativa galega contemporánea)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.