Vivenda en forma de cúpula que os esquimós constrúen con bloques de neve ou de xeo.
Etimoloxía
Préstamo do inglés igloo e este do inuit idglo 'casa'.
Exemplos *
"Saímos do iglú cunha estraña mestura de sentimentos encontrados, entre a impotencia e o arrepío, entre o desacougo cinético e o torpor asombrado do abatemento e da culpa." (Xavier Queipo: O paso do noroeste)
"Ninguén quecía o seu lar, iglú de estacións onde o tempo se disolvía sen dúas lembranzas mínimas de amor." (Beatriz Dacosta Molanes: Casca de noz)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.