igualdade

Calidade de igual.

Etimoloxía

Termo que xorde directamente do latín aequalitas, –atis 'semellanza', 'calidade de igual'.

Exemplos *

"Obrigados estamos, segundo ela, a procurar a xustiza e a igualdade entre todos os homes e mulleres do planeta." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)

"Como non foron quen de impoñer os criterios de igualdade e de xustiza (…), o fracaso atribuíanllelo ás ideas mesmas e con iso eludían a responsabilidade que tiñan no malogrado proceso." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.