igualdade

Calidade de igual.

Etimoloxía

Vén do latín, da forma aequalitas, -atis 'calidade do que é igual', que remite á forma aequus 'plano, uniforme, igual'.

Exemplos *

"Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para a determinación dos seus dereitos e obrigas ou para o exame de calquera acusación contra ela en materia penal." (Santiago González Avión: Abrente incerto. Pobreza, dereitos humanos e desenvolvemento na Galicia de hoxe)

"A muller segue a soportar discriminación e violencia, nesta sociedade na que a igualdade é aínda máis utopía que dereito." (Eduardo Olveira: Galicia Hoxe 2007-03-08)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.