igualitario, -a

Que tende a producir a igualdade, xeralmente entre as persoas

Etimoloxía

Vocábulo que vén do francés égalitaire, que deriva égalité que significa ‘igualdade’.

Exemplos *

“Un tratamento humano, igualitario, de respecto mutuo e colaboración, así todas as persoas estariamos contentas e con alento para avanzarmos en formas culturais e en estruturas políticas de cada tempo.” (Francisco Carballo: Sermos Galiza, 21-9-2012)

“Forma de autoorganización alternativa aos sindicatos de clase para dar resposta a unha situación que afecta non a un sector concreto senón a toda a sociedade, pois perigan dereitos fundamentais como son o dunha educación pública, igualitaria e de calidade , abre un novo escenario.” (Rosabel Candal: Luzes, 5-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.