illó

Lugar onde abrolla a auga, nun terreo // Terreo moi húmido

Etimoloxía

Para Joan Corominas o termo garda relación co vocábulo latino oculu porque se documenta un uso antigo e literario nas linguas da Península (galego, portugués...): 'os ollos dos mananciais'.

Exemplos *

“A Xulia baixara a tornar unha vaca que corneaba na cancela e viuno vir célere, coa cabeza gacha (que case só se lle vía a pucha negra), sorteando con habelencia lameiros e illós.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda / A triste fin de Xácome Las, 2012)

“Voaban as nubes no soño e as andoriñas andaban á caza de cínifes sobre lagos e illós nos que croaban as ras e cantaban as aves.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.