iluminación

Conxunto de sistemas, aparellos etc., destinados a iluminar

Etimoloxía

Termo derivado do latino iluminatione ‘claridade’, ‘luz’.

Exemplos *

“Durante a reunión cos representantes autonómicos, Sebastián expuxo dezaseis medidas para mellorar a eficiencia enerxética en áreas como a xestión de edificios públicos, a iluminación e a mobilidade.” (axencia: Galicia Hoxe, 4-3-2011)

“(...) destacou o compromiso da Xunta a través do aforro na iluminación pública ou promoción de mobilidade sostible e medios de transporte alternativos ó coche privado.” (Natalia Sequeiro: Galicia Hoxe, 6-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.