Debuxo, lámina etc., que acompaña a un texto, aclarándoo ou adornándoo
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo “ilustrar” que nos chega desde o latín illustrare ‘poñer claro’.
Exemplos *
“As ilustracións de María Linares, sinxelas e cun toque expresionista, contribúen a esa sensación de estrañamento que tan ben casa cos soños que abanean entre o pesadelo e a diversión.” (Mario Regueira: Sermos Galiza, 12-3-2015)
“Logo engade a tinta "como contraste" e para "rachar coa uniformidade que dá o branco do papel". A tinta que emprega para dar ese toque final á ilustración é tamén especial. A artista faina ela mesma, empregando bugallos de carballo e seguindo a mesma receita que Leonardo da Vinci usaba no seu tempo.” (Raquel C. Pico: Disquecool, 12-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.