ilustrar

Facer que alguén adquira cultura ou coñecementos

Etimoloxía

O vocábulo chega desde o equivalente latino illustrare ‘iluminar’.

Exemplos *

“Asisto a estes contubernios estúpidos para ilustrar os vosos cerebros baldíos. Algún ría, algún mirábao con malos ollos, os demais toleraban os seus despropósitos convencidos de que o vello profesor resultaba altamente atractivo e curioso para amenizar as longas tertulias.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

“(...) esa sociedade non se modernizará con invasións, senón coa influencia dos seus futuros pensadores laicos e materialistas, capaces de ilustrar as masas analfabetas e fanatizadas pola relixión.” (Manuel Molares do Val: Galicia Hoxe, 20-3-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.