Representación de algo ou alguén en pintura, escultura, fotografía etc.
Etimoloxía
Vocábulo que bebe do latino imagine ‘semellanza, representación, retrato’.
Exemplos *
“O diario retruca asegurando que a imaxe é totalmente real, que o fotógrafo realizou a tomada "sen tocar nen manipular nada" (...)” (Vítor Vaqueiro: A Nosa Terra, 17-02-2005)
“Fas unha busca no Google para obter unha imaxe coa que ilustrar determinado artigo e sáeche algo que non agardabas, diametralmente oposto á natureza da procura.” (Fernando Sarasquete: Código Cero, 01-2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.