Formar na mente a imaxe de algo
Etimoloxía
Palabra que procede do verbo latino imaginari onde xa significaba ‘imaxinar’.
Exemplos *
“Michael Ende, n'A historia interminable , esa novela magnífica que tamén nos fala da patria da infancia, imaxinou unha brétema terrible, o Nada, que avanzaba poderosa cara ao País de Fantasía, facendo desaparecer todo o que atopaba ao seu paso.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)
“O dragón tamén perdera unha das súas ás, que Iria imaxinou orixinariamente estendidas.” (Elena Gallego Abad: Dragall III. A fraternidade do dragón, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.