imparcialidade

Estado ou calidade de imparcial

Etimoloxía

Termo derivado sobre “imparcial”, vinculado coa negación unha formación tardía latina partialis ‘parcial’.

Exemplos *

“Quería ser imparcial. E, de seguro, veríase obrigado a abandona-la imparcialidade e tomar partido pero, como sabedes, morreu axiña.” (María Xosé Queizán: Amantia, 1984)

“...e o Terceiro Sector, depositario dos valores comunitarios, pero necesitado do espírito de imparcialidade, de universalidade e de recoñecemento do dereito que caracteriza o Estado na modernidade.” (Santiago González Avión: Abrente incerto. Pobreza, dereitos humanos e desenvolvemento na Galicia de hoxe, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.