Calidade ou estado de imperfecto // Cousa imperfecta
Etimoloxía
Palabra que procede do latín imperfectio cun significado semellante actual.
Exemplos *
“Esta imperfección que fai de nós nós... / debúxaseme agora primavera. / Son os restos que conteño da grandeza dos deuses / os demoníacos restos que gardo dos infernos” (Xela Arias: Tigres coma cabalos, 1990)
“Para el, e para os da súa xeración, resulta difícil conseguir os cartos para sobrevivir. Cre nunha escrita pobre, feita con pouca dedicación e poucos recursos vitais. As imperfeccións na escrita reflicten unha existencia precaria.” (Lupe Gómez: Galicia Hoxe, 18-4-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


