Taller onde se imprime / Arte de imprimir
Etimoloxía
A palabra bebe dunha primeira “emprenta” que procedía da francesa empreinte ‘impresión’, ‘pegada’.
Exemplos *
“A conflitividade laboral non paraba de medrar (...), significándose polo seu éxito as protestas levadas adiante polos ferreiros e os panadeiros, atopándose en folga a volta de maio misteiras, pintores, electricistas da cooperativa eléctrica, peóns e albaneis e algúns empregados da imprenta Roel.” (Cilia Torna: Sermos Galiza, 30-5-2019)
“Alén de colaboracións en xornais e revistas (...), así como de obras especializadas de xeografía e de viaxes, no ano 1928 publicara, en tres tomos, o romance Os camiños da vida, na imprenta coruñesa de Nós, rexentada por Ánxel Casal.” (Ramón Villares: Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


