Cousa improvisada.
Etimoloxía
Deriva de improvisar, e este procede do adxectivo latino improvisus, –a, –um 'inesperado'.
Exemplos *
"Na presentación do Libro de Alicia recorreu, como acompañamento, á improvisación de tres músicos de jazz para recitar." (Lara Rozados: A Nosa Terra 12-03-2009)
"Prefiro o directo e a improvisación, porque as miñas raíces veñen do jazz, por iso sempre pensei en facer un álbum en vivo." (O Correo Galego 26-05-2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.