Acción e efecto de inaugurar
Etimoloxía
Voz culta que bebe do latín inauguratio, -ōnis ‘acción de comezar’.
Exemplos *
“Tras a inauguración, o edificio das Nacións Unidas resplandecía nas ribeiras do Hudson.” (Manuel Gago: O exército de fume, 2018)
“Calcula mentalmente Mona que se a estación se inaugurara en setembro e a nai de Monchita lle fora levar cereixas aos que alí vivían, xa levaría aberta uns nove meses. A nai de Monchita tamén lembraba, seica, o día da inauguración.” (Ana Cabaleiro: As Ramonas, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.