Marcar o inicio de algo.
Etimoloxía
Termo culto tomado do latín inaugurare 'adiviñar' ou 'predicir'.
Exemplos *
"O encargado de inaugurar o simposio será o catedrático Antón Figueroa, quen abondará sobre as literaturas minoritarias antes de pasar a un foro sobre o proceso de tradución." (F.R.: Galicia Hoxe 23-02-2005)
"A revolución burguesa de setembro de 1868, ao inaugurar un período de liberdade e de progreso na historia de España, (…), estableceu as condicións de posibilidade para a difusión das novas teorías científicas." (Alfredo Iglesias Diéguez: O darwinismo e Galicia. Transformismo e antitransformismo na Galicia do século XIX)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


